Pasan a disposición xudicial dous dos detidos na 'Operación Chuki'
Estes dous mozos son os únicos que en principio declararán ante o xuíz durante este venres, no Xulgado de Instrución número 5 de Vigo.
Dous dos 12 mozos detidos no marco da 'Operación Chuki', que investiga a unha banda xuvenil por pelexas e roubos no Val Miñor, pasaron este venres a disposición xudicial, segundo fontes Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Estes dous mozos son os únicos que en principio declararán ante o xuíz durante este venres, no Xulgado de Instrución número 5 de Vigo.
Aos detidos, entre os que hai tres menores de idade impútanselles delitos de pertenza a grupo criminal, así como de lesións, roubos e alteracións da orde. Tamén están relacionados con varios altercados e pelexas na contorna da discoteca de Nigrán 'Ramallosa 2000'. A última destas liortas tería acontecido o pasado domingo, deixando a varios mozos feridos.
Según parece, os detidos tiñan na discoteca o seu principal centro de operacións e levaban tempo actuando, pero durante o 2015 volvéronse "especialmente violentos" e chegaron a agredir a varias persoas e a executar roubos.
Escribe tu comentario