Máis de 50 buzos seguen buscando aos mariñeiros desaparecidos
Cúmprese unha semana dende o fatal naufraxio do ´Látigo' ao Sur das Illas Cíes e o operativo de búsqueda continúa incansable.
Cúmprese unha semana dende o fatal naufraxio do ´Látigo' ao Sur das Illas Cíes e o operativo de búsqueda continúa incansable.
Hoxe os buzos terán unha segunda oportunidade, despois de que onte puideran mergullarse tras varios días de forzosa inactividade debido ás malas condicións do mar. A xornada do xoves rematou sen éxito, o único que conseguiron localizar foron o motor e aparellos do barco afundido, pero nin rastro dos mariñeiros desaparecidos.
Durante a xornada deste venres participarán no operativo máis de 50 mergulladores, entre os que se atopan unha vez máis buzos voluntarios interesados en colaborar nas tarefas de búsqueda. Está previsto que se inspecciones zonas diferentes ás revisadas o día anterior, descendendo a máis profundidade.
Ademais dos mergulladores, este venres volverá levar a activarse un dispositivo de procura por terra, en previsión de que o mar puidese achegar algún resto ata a costa. Efectivos de Protección Civil e voluntarios participan neste operativo.
Escribe tu comentario