Galicia vaise despedindo do temporal
Pouco a pouco a influencia das altas presións vaise notar en Galicia, que deixa atrás as precipitacións do mércores para gozar dalgunhas xornadas apacibles. Durante a mañá do xoves aínda teremos ceos anubrados e chuvascos ocasionais, pero segundo avance o día iranse abrindo claros xeralizados, coa posible excepción do terzo norte.

A estabilidade manterase durante a xornada do venres, para cando se espera unha xornada con poucas precipitacións e ventos frouxos. Como notas negativas, podemos contar con néboas no interior da comunidade e un descenso nas temperaturas máis acusado nas mínimas.
Tamén o sábado podemos contar cunha xornada moi estable, con poucas nubes e ausencia de precipitacións. De novo haberá néboas no interior e as temperaturas manteranse estables.
Escribe tu comentario