O temporal ofrece unha tregua
As choivas do luns están sendo "dispersas e intermitentes" e para mañá espérase unha xornada "aínda máis tranquila"
Meteogalicia trae boas novas, asegurando que durante as xornadas do luns e do martes o tempo será "tranquilo". As choivas deste luns están sendo "dispersas e intermitentes" en Galicia e o punto máis destacado será o descenso de temperaturas pola entrada de aire frío no Atlántico.
Está activado o aviso por nevadas na montaña galega, por riba dos 1.000 a 1.200 metros, que continuará este martes. No mar, a predicción é complicada e, de feito, está activada a alerta laranxa por ondas de máis de cinco metros e ventos fortes.
De cara ao martes, en Meteogalicia contan cunha xornada "aínda máis tranquila", con menos precipitacións e temperaturas frías. A alerta por vento no mar permanecerá no nivel amarelo durante a mañá, aínda que confían en poder desactivala máis tarde.
Iso sí, que ninguén se acostume. Para o mércores os meteorólogos esperan un "empeoramento brusco" das condicións coa chegada dunha nova borrasca de vento e choiva na que será necesario activar de novo as alertas. Unha situación que será de novo transitoria, xa que se agarda que as condicións melloren durante o xoves.
Escribe tu comentario