#Claves de la semana
CUMIO MUNDIAL DE PARIS

Pontevedra será a única cidade galega presente no Cumio Mundial do Clima de París

Alí asinará a adhesión de Pontevedra a unha rede de cidades comprometidas co medio natural.

Desde 1996 Pontevedra reduciu o 66% das emisións de CO2 á atmosfera


|

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, na Praza de España, diante da Casa Consistorial


Pontevedra está, segundo seu alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, "na vangarda das cidades comprometidas co planeta". De aí que a cidade fora invitada a participar no Cumio Mundial do Clima de París. Cara a capital francesa viaxará nas próximas horas o alcalde para estar presente nun acto que, sinalou este mércores, para a capital do Lérez "é un feito importante, unha proxección máis da cidade".


Será unha das localidades de todo o mundo que asinarán a súa adhesión a unha rede de cidades comprometidas co medio ambiente e que se destacaron nos últimos anos por apostar por medidas que, entre outras cuestións, axuden a reducir as emisións contaminantes á atmosfera e combater os efectos do cambio climático.


Esta invitación chega da man de Michael Bloomberg, enviado especial de Nacións Unidas para as cidades e o cambio climático, e da propia alcaldesa de París, Anne Hidalgo. Ambos asinan a carta remitida a Miguel Anxo Fernández Lores, ao que convidan a participar neste cume que busca empoderar aos gobernos e ás comunidades para establecer obxectivos máis ambiciosos nesta materia. No encontro, múltiples cidades de todo o mundo asinarán un pacto local global de loita denominado Compact Mayors.


Unha alianza da que, até o de agora, non facía parte ningunha outra cidade do Estado español mais que abrangue un nutrido grupo delas por todo o mundo como Melbourne e Sydney (Australia), París (Franza), Vancouver, Montreal (Canadá) ou Caracas (Venezuela), entre outras, e á que tamén se sumarán Barcelona, Zaragoza, Donosti, Bilbo, Errentería e Vitoria ou Lisboa, Almada, Matosinhos e Braga, entre outras moitas.


As cidades integradas nesta rede comprométense, entre outras actuacións, a adoptar medidas para reducir as emisións de gases contaminantes á atmosfera, limitar a súa vulnerabilidade desde o punto de vista ambiental e sentar as bases para fortalecer a resistencia global contra o cambio climático. Todo iso, ademais, rexistrando todos os progresos que se vaian facendo para un posterior estudo conxunto.


Pontevedra acode á cita, apuntou Fernández Lores, tras ter realizado unha profunda transformación relacionada co modelo de mobilidade nos últimos 15 anos, que supuxo un aforro dun 66% na emisión de gases provocados polos combustibles dos automóbiles. Este aforro enerxético realizouse grazas ás grazas ás políticas de diminución do uso do coche privado e da promoción dos desprazamentos a pé e en bici, que hoxe acadan o 72% do total.


"Estou orgulloso de que Pontevedra poña o seu gran de area na mellora global do planeta", afirmou Miguel Anxo Fernández Lores, que recordou que a cidade xa cumpre os 365 días do ano cos parámetros ambientais marcados pola Organización Mundial da Saúde (OMS).


IMAXEN DE PONTEVEDRA 2015

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE