Os prezos dos bens exportados en Galicia aumentan un 1,28% en maio
Os prezos dos bens exportados en Galicia aumentaron un 1,28% con respecto ao mesmo mes do ano anterior, mentres que sobre os bens importados, os prezos incrementáronse un 0,93%, segundo os datos feitos públicos polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Atendendo á clasificación por destino económico, a variación interanual dos prezos das exportacións de bens de consumo foi do 2,36%.
Os prezos dos bens de capital experimentaron unha alza dun 2,62% respecto ao mes de maio de 2014, mentres que o dos bens intermedios diminuíron un 0,44%.
Nas importacións, os prezos de bens de consumo subiron un 5,49% respecto ao mes de maio do ano anterior. Pola súa banda, a variación interanual dos prezos de bens intermedios e dos bens de capital foi negativa (-0,33% e -1,38% respectivamente).
Por destino xeográfico das exportacións de bens, produciuse un incremento interanual do 1,91% para os países pertencentes á Unión Económica e Monetaria. Para os países da UE, a alza foi do 2,30%, pero para a OCDE os prezos baixaron un 0,30%. En canto ao resto do mundo, os prezos aumentaron un 11,10% respecto ao mes de maio de 2014.
Por orixe dos bens importados, os prezos dos bens procedentes de países pertencentes á UEM diminuíron un 1,56%. Non obstante, para os países da UE os prezos aumentaron un 3,43%, para a OCDE caeron un 3,17% e para o resto de países, os prezos subiron un 12,48% respecto ao mes de maio de 2014.
Escribe tu comentario