A antiga Gallaecia, unha fronteira de "segundas" no cumio España-Portugal
O Eixo Atlántico denuncia ausencia de temas "relevantes" en materia de mobilidade, infraestruturas, desenvolvemento económico, vertebración social e medio ambiente no Cumio Ibérico.
Última comisión do Eixo Atlántico en Viana do Castelo, co a presenza do rexidor coruñés, Xulio Ferreiro
Nin un só tema dos expostos polas institucións e empresas que conforman a denominadaRede Ibérica de Entidades Transfronteirizas (RIET) será abordado no Cumio Ibéricoque comeza en Baiona o vindeiro luns.
Un feito que non se entende desde o Eixo Atlántico, sobre todo pola importancia de temas pendentes de execución na comunidade de traballo Galicia-Norte de Portugal.
De feito, a Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas envioulle xa aos responsables da preparación do Cumio Ibérico, e aos propios xefes de Goberno, un documento no que se relacionan cuestións a tratar para "incrementar a competitividade" do territorio de fronteira entre España e Portugal.
No último escrito remitido, detallan diversas propostas en materia de mobilidade, infraestruturas, desenvolvemento económico, vertebración social e medio ambiente.
Entre estas medidas destacan a solicitude de creación dun grupo de traballo que elabore un plan de mobilidade transfronteirizo, actuacións de impulso ao corredor de mercadorías Sines/Lisboa-Vigo-Ferrol, a creación dunha unidade de coordinación de emerxencias e dun portal administrativo conxunto de información e tramitación para facilitar a creación de empresas alén da fronteira.
Tampouco se abordará a solicitude de eliminación das tarifas de itinerancia telefónica,solicitada polo Parlamento e a Comisión Europea para finais deste ano.
Escribe tu comentario