Feijóo non comparecerá sobre os cargos imputados por negar fármacos da hepatite C
A oposición pediu que o presidente da Xunta explicase no pleno por que mantén no cargo a Félix Ruibal e Carolina González-Criado.
Ruibal e González-Criado chegando aos Xulgados de Fontiñas o pasado mes de abril // EP
O Grupo popular vén de rexeitar que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, compareza no pleno que se celebra no Parlamento galego, tal e como demandaron os grupos da oposición, para "explicar por que mantén no cargo" no Sergas a Félix Rubial e Carolina González-Criado, aos que a Audiencia Provincial da Coruña instou a investigar no procedemento aberto pola subministración dos tratamentos aos enfermos de Hepatites C por un suposto delito de homicidio en seis dos oito casos que inclúe a causa.
Ao comezo do pleno, a portavoz parlamentaria do BNG, Ana Pontón (BNG) reclamou alterar a orde do día da sesión co fin de que Feijóo dea explicacións, tras o cal Luís Villares (En Marea) realizou "esa mesma petición", á que tamén se sumou o Grupo socialista.
De tal forma, o presidente da Cámara, Miguel Santalices, deu luz verde a unha votación do pleno para decidir se se accedía a esa alteración da orde do día, nunha petición rexeitada polos deputados populares, fronte aos votos a favor da oposición.
A sesión arrincou con Santalices enviando o "apoio" e "solidariedade" da Cámara ao deputado socialista Raúl Fernández, ausente da Cámara despois de que a súa filla falecese o luns en accidente de tráfico.
Escribe tu comentario