#Claves de la semana

A Costa da Morte é o último lugar da Europa continental en pórse o sol dous meses ao ano

Cabo Touriñán ostenta o récord entre o 24 de marzo e o 24 de abril e dende o 18 de agosto e o 19 de setembro


|

Cabotouriancostadamortepostadosol

Un estudo do catedrático Jorge Mira identifica cinco puntos da xeografía atlántica europea, entre eles Galicia, nos que se produce ao longo do ano o último solpor na Europa continental. 



Entre o 24 de marzo e o 24 de abril e dende o 18 de agosto ao 19 de setembro, Cabo Touriñán na Costa da Morte é o último lugar da Europa Continental no que se pon o sol. No período dun ano, non existe un único punto xeográfico dende o que contemplar o último solpor nesta parte do planeta, senón que é un privilexio de cinco localizacións da costa atlántica europea repartidas entre España, Portugal e Noruega. O catedrático de Electromagnetismo Jorge Mira Pérez acaba de publicar un artigo no que rastrexa ‘A última posta de sol na Europa continental’, título do artigo que acaba de publicar na revista ‘Cartography and Geographic Information Science’, incluída entre as de máis alto impacto no ámbito temático da Xeografía.



Jorgemira

Xunto aos períodos nos que este último solpor se pode observar dende terreo galego, Jorge Mira sinala outros catro emprazamentos: entre o 19 de outubro e o 21 de febreiro estaría localizado no Cabo de São Vicente en Portugal, ao que toma o relevo Cabo da Roca, t

amén en terreo luso, entre o 21 de febreiro e poucos días despois do equinoccio de primavera e dende uns días antes do equinoccio de outono ata o 19 de outubro. As outras dúas localizacións destacadas son un lugar próximo a Aglapsvik no sur continental de Tromsø (Noruega) aproximadamente do 24 de abril ao 1 de maio e do 11 ao 18 de agosto, e unha localización no municipio de Måsøy ao sur de Havøysund, tamén en Noruega (aproximadamente do 1 ao 11 de maio e do 1 ao 11 de agosto).



O traslado deste singular punto de referencia ao longo da xeografía atlántica asóciase “á cambiante orientación do eixo de rotación da terra con respecto ao Sol”. Como explica o autor do traballo, os cálculos teóricos das horas de saída e posta do sol aplícanse só a nivel do mar. Explica tamén que os tempos reais en que se observa que o sol sube e se establece nun lugar particular diverxen do cálculo teórico “debido ás condicións atmosféricas, a presión e a composición atmosférica e outras variables tales como os efectos da refracción atmosférica no tempo de posta do sol en latitudes máis altas, que crean discrepancias aínda maiores na área ártica”.



O profesor Mira concreta que nas datas en que a posta de sol cambia dun punto a outro, “oscilan entre un día e o seguinte cun período duns anos, principalmente debido ao calendario de ano bisesto, ao igual que os dos equinoccios e solsticios”. Como curiosidade, o catedrático de Electromagnetismo apunta que en los días 24 de abril e 18 de agosto o momento de último solpor europeo, que se produce simultaneamente na Costa da Morte e nun lugar próximo á cidade norueguesa de Tromsø, coincide co do último solpor do continente africano.



AMENCER 


No mesmo artigo Jorge Mira tamén localiza o primeiro punto no que se pode contemplar o amencer de España. Contra a crenza de que se produce no punto máis oriental de España, cerca de Mahón -na illa de Menorca-, “atopámonos que iso non é así durante todo o ano, senón que nun período de catro meses, dende o 21 de abril ao 21 de agosto, ese primeiro amencer en España prodúcese en Cabo de Creus en Girona”.

relacionada 13 millones de fondos europeos para investigación de las Universidades gallegas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE