#Claves de la semana

​O alcalde de Portomarín aclara unha polémica recomendación no facebook do Concello

Nunha publicación o Concello advertía que "as forzas da orde estaban a aplicar con total rigor as normas de circulación". 


|

Concellodeportomarinfacebook

O alcalde de Portomarín (Lugo), o popular Juan Serrano, xustificou este luns que se recomende na páxina web do Concello que se circule "con precaución e respecto ás normas", na estrada que vai do seu municipio a Lugo.


Na conta oficial de Facebook deste Concello advírtese "a veciños, visitantes e peregrinos (sobre todo en bicicleta), que extremen precaucións nas vías de acceso ao pobo, en canto a sinalización, velocidade e demais". "Como todos puidemos comprobar ultimamente, as forzas de orde están a proceder a aplicar con total rigor as normas de cirulación", segundo recolle o texto colgado nas redes sociais.


Serrano comentou que "se cadra hai unha proporcionalidade non xusta co que ten que ver con outras estradas", aínda que evitou entrar en "polémicas cando desde a páxina do Concello o que se recomenda á xente é que circule con precaución e respecten as normas se se desprazan a Portomarín". "E non pode ter outra lectura esa nota", sentenciou.


Ademais, advertiu que eses controis de tráfico prodúcense desde hai un mes e medio. "Se cadra a liberdade de tratar sempre con respecto e educación á Garda Civil permíteme ter a liberdade de dicir o que digo", resolveu.


Con todo, Juan Serrano fixo fincapé en que se o feito "pódese interpretar como un ataque ao cumprimento do deber pola Garda Civil de Tráfico", aos que "sentan ofendidos" polo seu escrito pídelles "desculpas".


"Non se desprende por iso é polo que non queira que haxa orde e respecto ás normas de tráfico", concluíu o rexedor.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE