O Culturgal pecha a edición deste ano con máis de 15.000 visitantes
A feira da cultura galega celebrará a súa décima edición os días 1, 2 e 3 de decembro do próximo ano.
Máis de 15.000 persoas pasaron este fin de semana polo Pazo da Cultura de Pontevedra, onde desde o venres se celebrou a novena edición do Culturgal, finalizado este domingo.
Segundo informou a organización a través dun comunicado, as cifras de visitantes son "moi similares" ás rexistradas en 2015 nun certame que "está cosolidado e establecido no calendario".
Así, o presidente de Culturgal, Manuel Bragado, celebrou a "utilidade social" dun evento no que "está testada a alianza entre industria, institucións e públicos e na que se mostran formatos e fórmulas colaborativas entre diferentes axentes".
Así mesmo, cre que o certame "xa supera a etapa de lanzamento e consolidación" logo de nove edicións nas que Culturgal se fixo "adulta", polo que Bragado chamou a afrontar "novos retos".
"Estamos convencidos da necesidade de abrir e proxectar Culturgal fóra, interactuar con outros ámbitos e debuxar novos horizontes. Desde Pontevedra, a cidade na que esta Feira creceu e se consolidou", remarcou Bragado.
Así mesmo, anunciou que Culturgal celebrará a súa décima edición os días 1, 2 e 3 de decembro do próximo ano.
Escribe tu comentario