# Claves de la semana

Confírmase a fichaxe de Lete para o Consello Superior de Deportes

O exsubdirector xeral de Promoción Deportiva da Comunidad de Madrid, cesou este xoves como secretario xeral de Deportes da Xunta, cargo ao que accedeu en 2009. 

LeteCSD


Como xa adiantabamos onte en Galiciapress, o exsecretario xeral de Deportes da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, foi nomeado presidente do Consello Superior de Deportes (CSD) en substitución de Miguel Cardeal, segundo anunciou este venres o ministro de Educación, Cultura e Deportes e portavoz do Goberno, Íñigo Méndez de Vigo, tras a reunión do Consello de Ministros.


José Ramón Lete, exdirector Xeral de Deportes e exsubdirector xeral de Promoción Deportiva da Comunidad de Madrid, cesou este xoves como secretario xeral de Deportes da Xunta, cargo ao que accedeu en 2009, "para pasar a outro destino", tal e como informou a Xunta nun comunicado.


Lete era un dos nomes que aparecía nos prognósticos como posible substituto de Miguel Cardenal, que a semana pasada anunciou que non seguiría no posto, xunto a outros como o Director Xeral de Deportes da Comunidad de Madrid, Pablo Salazar; o exvicealcalde de Madrid Manuel Cobo; ou o alcalde de Guadalaxara, Antonio Román.

relacionada ​José Ramón Lete sucederá a Miguel Cardenal á fronte do CSD
relacionada ​Feijóo proclama que "o sucesor de Rajoy é Rajoy"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE