O Pleno da Coruña quita 1,2 millóns da renda social para as débedas de Emvsa
Argumentan que os problemas da Empresa Municipal de Vivenda son urxentes e que neste exercicio non se vai consumir todo o orzamento das axudas.
Pleno da Coruña. //Foto: Concello da Coruña.
A Corporación municipal da Coruña aprobou, en pleno, detraer unha partida de 1,2 millóns de euros da contía prevista para a renda social para cubrir débedas da Empresa Municipal de Vivenda (Emvsa), co voto a favor do grupo de goberno, en contra do BNG e a abstención de populares e socialistas.
O edil de Rexeneración Urbana e Vivenda, Xiao Varela, incidiu nos problemas económicos que presenta a empresa municipal, "herdados", segundo dixo, da anterior etapa de goberno, pero insistiu na necesidade de facer fronte á situación económica que presenta.
"Estamos a tentar resolver os problemas das persoas", dixo sobre a xestión encomendada a esta empresa. Ademais, antes de levar este asunto a pleno, a Concellería de Xustiza Social emitiu un informe favorable argumentando que como este programa de axudas está en fase de implantación, non se executaría nestes momentos todo o diñeiro dispoñible no orzamento previsto.
ARGUMENTOS DA OPOSICIÓN
Antes, desde o BNG, a súa edil Avia Veira mostrouse en contra de retirar fondos da renda social ou de facelo para ampliar o servizo de 'Bicicoruña', coa compra de novas bicicletas e a instalación de máis paradas. Este asunto contou co rexeitamento de todos os grupos da oposición.
Así, todos mostráronse en contra de que se retirase diñeiro para a adquisición de novas bicicletas. "Se queren poñer máis bicis, fágano co orzamento do ano que vén", asegurou a edil do PP Rosa Gallego.
Escribe tu comentario