#Claves de la semana

Reúnen aos sanitarios que atenderon os feridos do Porriño para recoñecer o seu labor

O Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña trasladou aos traballadores o seu recoñecemento e agradecemento polo seu labor ese día. 


|

Personalsanitarioporrio


A dirección da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) da área sanitaria de Vigo mantivo este venres unha reunión cos profesionais que interviñeron o pasado 9 de setembro, tras producirse o descarrilamento dun tren no Porriño, no que morreron 4 persoas e outras 49 resultaron feridas de diversa consideración.


No encontro, no que tamén participaron o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña; o xerente do Sergas, Antonio Fernández Campa; e o director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal; repasouse a actuación dos profesionais, para extraer experiencias e aprendizaxe, así como para mellorar a actuación en posibles futuras emerxencias.


Na reunión participaron representantes do 061, profesionais de atención primaria que acudiron ao lugar do accidente, representantes de transporte sanitario, traballadores de Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, e persoal doutros hospitais da área, que tamén recibiron feridos.


Vázquez Almuíña trasladou aos traballadores o seu recoñecemento e agradecemento polo seu labor ese día, así como o agradecemento das familias dos feridos, polo seu "compromiso" e pola "solidariedade e humanidade" coa que desenvolveron o seu traballo.


Fontes de Sanidade sinalaron que, ademais, o encontro serviu para analizar pautas de actuación, de xestión e de coordinación desa situación de emerxencia, tanto no momento inmediatamente posterior ao sinistro, como nas horas posteriores, coa chegada de feridos aos centros sanitarios.


Por outra banda, as conclusións e experiencias analizadas servirán para "transferir" os coñecementos adquiridos e aplicalos no futuro, redeseñar esas pautas de actuación e reforzar a cooperación "inter e intra organizacións".



relacionada ​Renfe mantiene dos centros de atención a familiares en Vigo y O Porriño
relacionada O balonmán galego chora a morte de 'Koki' no accidente do Porriño
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE