Pontón sobre a enquisa do CIS: "Fai tres meses non acertaron nin unha"
A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, ve as enquisas como "o máis devaluado" nunha campaña electoral, xa que se empregan para "incidir no voto".
A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, ve as enquisas como "o máis devaluado" nunha campaña electoral, xa que se empregan para "incidir no voto". "A única que vale é a do 25 de setembro", resolveu.
A líder frontista realizou estas declaracións minutos este venres logo de coñecerse os resultados da enquisa elaborada polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) para as eleccións galegas.
Segundo a mostra, o BNG, actualmente con sete escanos, lograría dous representantes na Cámara galega, mentres que o PP ampliaría a súa maioría absoluta, con entre 40 e 41 deputados no Pazo do Hórreo.
"Fai tres meses non acertaron nin unha", declarou Pontón, quen mostrou o seu "optimismo e ilusión" para a campaña que se inicia na madrugada deste venres, á vez que engadiu que o Bloque será "fundamental para que haxa cambio político e real" en Galicia.
Escribe tu comentario