#Claves de la semana

O lume da Fonsagrada calcina repetidores e deixa aos veciños sen teléfono e internet

O alcalde de Navia sinalou que apareceron "fardos de herba na zona do incendio", polo que puido ser intencionado.


|

Fonsagradaquiqueherves

A Fonsagrada // @quiqueherves


O alcalde de Navia de Suarna (Lugo), José Fernández, sinalou a posibilidade de que o incendio na parroquia de Rao, que arrasou ata agora 90 hectáreas, fose intencionado, en tanto que "apareceu un fardo de herba" pegado a unha palleira na zona na que se orixinou o lume.


A pesar de que a Xunta desactivou a denominada 'situación 2' de alerta para as casas, seguen traballando para controlalo numerosos medios do operativo contra incendios, ademais de efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal.


Fernández destacou que pola noite se produciron "situacións de tensión" porque "estaba moi preto da vivendas, pero sempre con medios para controlar".


A Consellería do Medio Rural eleva a máis de 300 as hectáreas queimadas polos incendios na provincia de Lugo desde o pasado luns, con focos en Navia de Suarna, A Fonsagrada e Chantada.


A FONSAGRADA E CHANTADA


O incendio rexistrado este mércores ás 8,34 da mañá e que calcinou 104 hectáreas (44 arboredos e 64 de monte raso) na parroquia de Paradavella, na Fonsagrada, está controlado desde as 21,38 horas deste mércores.


Segundo veciños da zona, o lume calcinou torres repetidoras do sinal telefónico, o que mantén a varios pobos sen servizo de teléfono e Internet.


Por último, en Chantada, o incendio iniciado o pasado domingo ás 15,00 horas na parroquia de Requeixo foi controlado o luns ao amencer. Xa queimou 106 hectáreas, das que 49 eran arborizadas e 57 de monte raso.



relacionada ​Feijóo condena a acción "criminal" dos incendiarios
relacionada Máis de 7.000 hectáreas calcinadas en tres días e medio
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE