Valdoviño acolle a máis de 200 surfistas no Pantín Classic
Hoxe tivo lugar a presentación oficial da 29 edición do campionato, que dará comezo mañá e se extenderá ata o próximo 4 de setembro na Praia de Pantín.
O secretario xeral para ou Deporte, José Ramón Lete, asegurou que o Pantín Classic Galicia Pro, proba valedoira para o Campionato do Mundo de Surf, "é unha proba que transcende do meramente deportivo", unha cuestión que evidencia a súa declaración como Festa de Interese Turístico de Galicia, coa “honra de ser declarado o primeiro evento deportivo con esta distinción".
"Ábresenos unha enorme posibilidade e imos demostrar que temos as mellores ondas para poder gozar dun evento que transcende do meramente deportivo", dixo Lete Lasa durante a presentación este luns da proba.
Pola súa banda, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, trasladou que o organismo provincial "vai continuar apoiando un evento e un deporte que é capaz de promover determinados valores" e que ademais "é capaz de xerar unha repercusión mundial a toda a contorna e á comarca".
González Formoso tamén asegurou que a Deputación da Coruña non só apoia ao deporte basee, "cunha achega anual de máis de dous millóns e medio de euros, senón que sabe estar, coordinadamente con outras administracións, nos grandes eventos", tras o que aproveitou para felicitar aos organizadores, ao Club Praia de Pantín, "por mellorar edición tras edición esta competición, mesmo en anos de crises".
TRABALLO DURANTE TODO O ANO
O alcalde de Valdoviño, Alberto González (PSOE), tamén agradeceu o traballo realizado "ao longo de todo o ano polos organizadores, constante e continuo", ademais de agradecer o apoio da responsable de Turismo, Nava Castro, "por ser ela una das persoas que impulsou dunha maneira clara, rotunda e con decisión que este evento fose declarado de interese turístico para Galicia".
Finalmente, o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, incidiu "en todo o que está a crecer este evento, coa creación mesmo por parte do grupo Inditex da realización dunha liña específica de roupa para Pantín, algo que era impensable hai uns anos".
CERTAME
O Pantín Classic Galicia Pro cumpre neste ano 2016 a súa vixésimo novena edición e é valedoiro para a liga de Surf Mundial, na categoría QS/6.000. A proba conta con máis de 200 participantes, dos cales 144 competirán en categoría masculina e 60 en feminina, que loitarán por conseguir os 200.000 dólares que a organización repartirá en premios.
A proba comeza este martes, 30 de agosto, e finalizará o vindeiro domingo, 4 de setembro. As previsións que manexa a organización estiman que a tamén denominada cariñosamente como "a fábrica de ondas", ofrecerá durante os días de competición é boa, nunha cita que é ademais a terceira máis antiga do mundo.
Escribe tu comentario