Un incendio forestal en Cea arrasa 170 hectáreas durante a madrugada
O incendio de Cea quedou estabilizado ás 15:24 horas. O lume de Verín que se achegaba a vivendas está controlado.
Acaba de ser estabilizado ás 15:24 horas deste luns o lume que desde preto das 7 e media da tarde do domingo estaba activo no concello ourensán de San Cristovo de Cea, na parroquia de Oseira. A superficie arrasada polas lapas estímase finalmente nunhas 170 hectáreas.
No seu control traballan 1 técnico, 7 axentes, 31 brigadas, 15 motobombas, 3 pas, 5 helicópteros e 3 avións.
PERIGO PARA VIVENDAS
O incendio que afecta á parroquia de Tintores, no concello ourensán de Verín, quedou controlado pasada a unha e media desta madrugada. O lume afecta a 36 hectáreas e chegouse a temer pola súa proximidade á poboación, polo que se decretou a chamada 'situación 2', que foi desactivada pasadas as once da noite.
Seguen traballando nos labores de extinción 2 técnicos, 7 axentes, 16 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 7 helicópteros e 7 avións.
Escribe tu comentario