Crece o número de colexios concertados "un ano máis"
A CIG critica que a Xunta "recorte" en centros públicos e incremente "sen xustificación" os fondos destinados aos privados. Levarán a decisión ante a xustiza.
A CIG anunciou que presentará un recurso contencioso administrativo ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para denunciar o "incremento" por parte da Consellería de Educación dos concertos educativos "un ano máis" realizado "sen motivación nin xustificación".
Nun comunicado, a organización sindical criticou que o departamento autonómico "recorte profesorado, peche escolas e suprima unidades en centros públicos", mentres que "incrementa o número de unidades concertadas con centros privados".
Así, o sindicato sinalou que, o curso que vén, serán "58 as unidades de nova creación", mentres que se "suprimirán 16", o que supón "aumentar os fondos públicos para financiar empresas privadas" e "malgastar" o diñeiro da cidadanía.
Ademais, asegurou que, entre os centros beneficiados, atópanse os que "segregan alumnado en función do xénero", unha "aberración regularizada pola Lei orgánica para a mellora da calidade educativa (Lomce).
Respecto diso, a CIG sinalou que considera este feito "inadmisible", polo que presentou un recurso que gañou cando o Tribunal Supremo considerou que "non se podían subvencionar estes centros con cargo a fondos públicos".
Escribe tu comentario