# Claves de la semana

​A consellería defende o concerto do centro da Igrexa posto en cuestión en Santiago

Asegura que "responde ás necesidades educativas" da zona na que se atopa, respondendo ás criticas da CIG-Ensino

(foto: escolascatolicas.es) 




A consellería de Educación saíu ao paso das críticas da CIG-Ensino, defendendo a través dun comunicado o concerto educativo da Casa do Neno, asegurando que responde ás "necesidades educativas" da zona de Santiago onde se atopa.



Asegura que o centro xa ten concedido un informe favorable provisional por parte da Comisión de Valoración, e que a resolución definitiva será publicada xunto co resto dos concertos no DOG entre xuño e xullo.



Dado que é coñecedora da previsión do concerto, xustifica que a Comisión de Escolarización de Santiago "pode xa propoñer a adxudicación de prazas de escolarización nesta área", tendo conta que esta decisión non é firme.



Por iso dende a consellería afirman non entender que "algún sindicato califique de ilegal e fraudulento un proceso que seguiu todos os pasos normativos e que é publico porque nas reunións hai representantes dos propios sindicatos, dos centros, do profesorado e das anpas". 


DENUNCIA DA CIG


A CIG-Ensino denunciara este xoves o que entendía como "unha actuación ilegal e frautulenta" para "crear un centro concertado da Igrexa" en Santiago de Compostela. 



Reprochou á Xunta que "se pliegue a disposición da Igrexa" e propoña concederlle un concerto cando segundo eles a  Administración educativa recoñecera "que non é necesario" por estar "cubertas as necesidades". 

relacionada ​Denuncian "unha actuación ilegal" para "crear un centro concertado da Igrexa" en Santiago
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE