#Claves de la semana

Centos de persoas protestan por uns montes convertidos nunha "polvoreira"

En Pontevedra, a Asociación pola Defensa da Ría convocou a cidadanía para condenar a acción dos incendiarios e a "falta dunha política forestal adecuada".


|

Pontevedramaniincendios


Unhas 300 persoas concentráronse no serán do xoves na Praza da Peregrina, en Pontevedra, convocadas pola Asociación pola Defensa da Ría para expresar a súa condena cara á vaga de incendios forestais dos últimos días. A mobilización, que contou co apoio da Mancomunidade de Montes de Pontevedra, estivo encabezada por dúas pancartas cos lemas 'Non máis lumes forestais' e 'Seaga solución, traballo digno', esta última a cargo da CIG e portada por traballadores dos servizos de extinción.


A manifestación, que partiu pasadas as 20,30 horas, contou coa participación de concelleiras da corporación pontevedresa do BNG, PSOE e En Marea, así como candidatos electorais provinciais como Luís Bará ou Eva Solla, así como co deputado provincial de Cultura, Xosé Leal, e representantes de comunidades de montes, entre outros.


Para a Asociación pola Defensa dá Ría de Pontevedra, o monte galego é "unha polvoreira que parece esperar pola man que prende a mecha criminal e destrutiva" e atribuíu a proliferación de incendios ao "abandono case secular" do medio rural e á "falta dunha política forestal adecuada".


Así, o colectivo ambiental criticou a aplicación dun modelo de xestión forestal "baseado na implantación do monocultivo de eucaliptos" que non só "impide" a diversidade de usos do monte e provoca a "proliferación" de material "altamente combustible", senón que ten como "único obxectivo" o abastecemento da fábrica de Ence en Lourizán, afirmou o presidente da APDR, Antón Masa.


Fronte a esta situación, a APDR propuxo unha alternativa baseada en "poñer en valor as potencialidades do monte" a nivel social e económico. "Só un modelo de explotación diversificada, fixar poboación no rural e a introdución de especies caducifolias", segundo Masa, pode "crear máis valor engadido e diminuír o risco de incendios forestais".


Desde a APDR repudiaron a acción dos incendiarios e animaron a cidadanía a "non ser cómplices" con actitudes ou prácticas, aínda que rexeitaron a actual Lei de Montes, porque "abre a porta á recualificación dos montes queimados".


DOCUMENTO


Por outra banda, representantes da Organización Galega de Comunidades de Montes, Federación Rural Galega, Anova Terra, Produtores de Ovino e Caprino, Coello de Monte Galego, Asociación Profesional de Persoal Laboral do Servizo Público de Defensa Contra Incendios Forestais da Xunta e Federación Ecoloxista Galega e Adega, entre outras organizacións, aprobaron un documento titulado 'Compromiso por un mundo rural galego vivo'.


O texto contén propostas en materia ambiental, agrogandeira e de montes que farán chegar aos partidos que se presentan ás eleccións autonómicas para que se comprometan a levalas á práctica.


Con motivo dunha reunión de traballo destas entidades, agrupadas na Plataforma Galega por un Medio Rural Vivo, o presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes, Xosé Alfredo Pereira, asegurou que a posta en marcha das medidas recollidas nese documento sería "a solución a longo prazo" contra os incendios forestais.


Para Pereira, a política de montes aplicada nos últimos anos polo PP na Xunta foi "equivocada e moi negativa" e alertou de que "se está tentando pola porta de atrás, se non privatizar os montes, si privatizar a súa xestión, que na práctica é o mesmo".


Como exemplo, criticou que as comunidades de montes non poden ser beneficiarias de axudas a "aproveitamentos non madeirables" convocadas pola Xunta porque os seus destinatarios son empresas que apostan por cultivos enerxéticos e especies de crecemento rápido, o que equivale a "botar máis leña ao lume", advertiu. Por iso, reclamou que os titulares dos terreos "sexan implicados" na súa explotación.


"O monte ou é multifuncional e sustentable, ou imos ter incendios sempre", insistiu Xosé Alfredo Pereira, que tamén destacou como "erro" a crenza de que "cando arde, arde monte", cando o que arde é "territorio", que ademais de monte tamén comprende paisaxe, colleitas e mesmo vivendas.

relacionada ​Fixar poboación no rural e cambiar o modelo forestal, claves para “apagar” os incendios
relacionada ​Primera gran concentración contra la “mala política” de gestión de los incendios
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE