100.000 litros de auga para loitar contra o lume
A Axencia Galega de Emerxencias envía o seu vehículo 'gran nodriza' a Cotobade.
O Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) participa co seu vehículo 'Gran nodriza' nas tarefas de extinción do incendio de Cotobade.
Segundo informou o CAE 112 Galicia, este vehículo xa abasteceu aos servizos de emerxencia con máis de 100.000 litros de auga nos labores de extinción deste incendio forestal.
Este incendio forestal comezou ás 17,20 horas do luns. As primeiras estimacións provisionais elevan a superficie afectada a unhas 200 hectáreas.
Escribe tu comentario