#Claves de la semana

​A "capacidade letal" de Reganosa equivale "a 120 bombas atómicas"

O Comité Cidadán de Emerxencia denuncia que "todo o proceso de tramitación" da planta "foi unha fraude" e tomarán medidas para a "paralización inmediata da actividade".


|


Reganosa


Un dos membros do Comité Cidadán de Emerxencia contra Reganosa, Manuel Rodríguez Carballeira, alertou de que a planta ten "unha capacidade letal" equivalente "a 120 bombas atómicas". Díxoo no Ateneo de Ferrol, onde varios membros deste colectivo expresaron a súa satisfacción pola última sentenza do Tribunal Supremo en contra do plan de emerxencia exterior da planta.

Respecto diso, Rodríguez Carballeira criticou que a resposta de Reganosa fose sinalar que o plan anulado correspondía a 2007, tendo en conta que o vixente é unha modificación do mesmo. Ademais, reprobou que a planta estivese "incumprindo sempre a lei co beneplácito da Xunta", posto que unicamente redactou o plan de emerxencia pola "presión dos cidadáns".


"Para o Comité de Emerxencia, a ilegalidade da planta de Reganosa e todas as sentenzas que ditou o Tribunal Supremo pon en evidencia que todo o proceso de tramitación foi unha fraude e un asalto á legalidade", agregou.

Por todo isto, a plataforma opinou que procede a "paralización inmediata da actividade" da instalación e a súa saída "do sistema de retribución". É por iso que presentará iniciativas neste sentido.

TRÁMITE DE AVALIACIÓN AMBIENTAL

Ademais, Rodríguez Carballeira lembrou que o Goberno en funcións do PP tomou a decisión de excluír a Reganosa da realización da avaliación de impacto ambiental, unha decisión que xa foi recorrida ante o Tribunal Supremo. "Ese acordo do Consello de Ministros do señor Rajoy e o apoio da Xunta de Galicia constitúen un ataque ao Estado de Dereito e un desacato ás propias sentenzas do Tribunal Supremo", advertiu.

Así as cousas, Rodríguez cualificou a situación como un "acto de corrupción política e financeira" e pediu aos alcaldes da comarca de Ferrol que "esixan" ao Goberno o cumprimento das sentenzas do Supremo.

relacionada ​El Supremo da otro 'palo' a Reganosa
relacionada Chega a Reganosa desde os EEUU o primeiro buque con gas de 'fracking'
relacionada ​La Xunta compró acciones de Reganosa por ser una industria "con futuro"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE