#Claves de la semana

Comisións traslada á Fiscalía "incompatibilidades" do persoal dos hospitais de Pontevedra

O voceiro de CC.OO. denuncia que polo menos 22 traballadores do Hospital Provincial e de Montecelo compaxinan o seu posto de traballo público con outro en mutuas. 


|

Hospital Montecelo


O sindicato Comisións Obreiras (CC.OO.) denuncia ante a Fiscalía de Pontevedra que 22 traballadores do Hospital Provincial e de Montecelo "están a incumprir coa lei de incompatibilidades", ao compaxinar o seu posto de traballo público con outro en mutuas, unha circunstancia que impide a lexislación.


O portavoz de Comisións Obreiras, Rafael Vázquez, apunta que a cifra podería elevarse ata o centenar de profesionais nestes hospitais, ante a "permisividade" da xerencia, do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade.


Vázquez indicou que non se pode traballar en dous postos da administración pública, como sucede con mutuas como Muface ou con Isfas, e subliñou que a Xunta debe obrigar aos profesionais a que se dediquen ao seu posto de traballo nos centros sanitarios, sen alternar con outras opcións, o que permitiría xerar "máis de 500 empregos en Galicia".


O sindicato presentou a denuncia ante a Fiscalía o pasado 15 de xuño, ao comprobar que os distintos organismos internos do Sergas non atendían as reclamacións realizadas por Comisións. Desde CC.OO. reclaman a dimisión do xerente da área de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, José Manuel González, ao que tamén achacan a "falta de resolución de problemas graves" nos centros sanitarios ou a "descoordinación dos servizos", ademais de "abusos no sistema de contratación".


Vázquez alertou tamén de que trasladarán a Fiscalía o envío de nove botellas de Albariño por parte de Ges Médica ao xerente e a outros dous directivos do Complexo Hospitalario de Pontevedra. Esta empresa, segundo afirma Vázquez, merece "especial atención", porque lle concedeu numerosos contratos e tamén traballos de consultoría.

relacionada CIG pide por escrito información sobre o peche de camas ao xerente do Chuvi
relacionada Sanidade: "Las camas siempre están donde tienen que estar"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE