Pontevedra sae de novo á rúa contra ENCE
Este sábado hai convocada unha nova manifestación contra a prórroga de 60 anos aprobada polo goberno en funcións de Mariano Rajoy
Unha nova manifestación percorrerá este sábado as rúas de Pontevedra, protestando contra a prórroga de 60 anos para ENCE aprobada polo goberno en funcións de Mariano Rajoy.
A marcha sairá ás 19:30 das alamedas de Marín e Pontevedra baixo o lema'Móvete pola ría', convocada pola Plataforma 'Ence fóra da ría' coa colaboración da `'Asociación pola Defensa da Ría (APDR)'. Ademais de reclamar o peche da pasteira, a marcha tamén esixirá o "saneamento integral" da ría e protestará contra a "eucaliptización".
Na presentación da marcha, o presidente da Federación de Asociacións de Veciños Castelao,Juan Loureiro, recordou que a "vocación" da ría é a "explotación racional dos recursos marisqueiros, da pesca de baixura e do turismo", unha fonte de riqueza "para a que é absolutamente indispensable conseguir uns niveis de calidade das augas que hoxe, por desgraza e por moi diversos motivos, non se está conseguindo".
Neste sentido, o presidente da APDR,Antón Masa,sinalou que son moitas as fontes de contaminación que provocan esta situación, de forma particular a falta dunha depuración idónea das augas residuais de orixe doméstica "e a presenza do complexo Ence-Elnosa".
Aseguran que a recente concesión por parte do goberno en funcións dunha prórroga de 60 anos á empresa Ence na ría"supón un duro golpe ás posibilidades de saneamento da ría e a hipoteca do futuro da comarca".
Están convencidos de que mentres a prórroga da concesión non sexa unha decisión firme,"existen posibilidades de revogala",tanto pola vía administrativa como xudicial. Pero fan fincapé na importancia da mobilización social, como "unha vía tamén fundamental para conseguir que o saneamento integral da ría chegue a bo porto".
Escribe tu comentario