A Asociación pola Defensa da Ría levará ata os tribunais a loita contra ENCE
Lanza un ataque doble, intentando anular a validez da prórroga mentres recorre paralelamente á Audiencia Nacional
A Asociaciación pola defensa da Ría de Pontevedra segue loitando con todos os medios dispoñibles contra a prórroga de ENCE ata o 2073, decretada polo Goberno en funcións de Mariano Rajoy. A presión social e política revelouse ata agora insuficiente, por iso decidiron continuar coa súa loita nos despachos e nos tribunais.
Por unha banda, APDR presentará un recurso de alzada contra a decisión do Ministerio de Medio Ambiente que lles nega a condición de parte interesada, unha decisión que consideran "arbitraria e carente de toda xustificación".
Cando o Ministerio lles negou esta condición de parte interesada tamén lles negou o trámite de audiencia, un "grave error" que entenden debería ser enmendado declarando a "nulidade" da resolución da prórroga de ENCE.
Pese a todo, dende a plataforma teñen poucas esperanzas de que prospere este recurso xa que consideran que o Goberno non actuou neste proceso "con arreglo a dereito, senón utilizando o dereito en beneficio duns intereses privados".
Por iso lanzarán antes do 20 marzo un ataque paralelo, un recurso ante a Audiencia Nacional contra a prórroga, recordando a "incidencia no medio ambiente" que supón, que "hipoteca o futuro da Ría para varias xeracións e anula as posibilidades de recuperación da mesma".
Escribe tu comentario