#Claves de la semana

O Goberno en funcións prorroga 60 anos a concesión de Ence en Pontevedra


Trátase dunha decisión controvertida, que xa ten colleitado o rexeitamento frontal do Bloque Nacionalista, de AGE e da Asociación pola Defensa da Ría, que ten convocado unha concentración en sinal de protesta.


|



O Goberno en funcións do Partido Popular acaba de outorgarlle a Ence unha prórroga de 60 anos na concesión de ocupación dos terreos nos que se sitúa o seu centro de operacións de Pontevedra, avalando a súa presenza xunto á ría ata o 2073. 


Trátase dunha decisión controvertida, que xa ten colleitado o rexeitamento frontal do Bloque Nacionalista, de AGE e da Asociación pola Defensa da Ría, que ten convocado unha concentración para esta mesma tarde. 


A prórroga concédese por 60 anos, cun prazo adicional por enriba dos 50 anos. Segundo a compañía, esta decisión responde ao "forte compromiso de Ence en Pontevedra cun investimento de 61 millóns de euros". Comprométense a mellorar a eficiencia da súa fábrica, minimizar os seus vertidos e "continuar co seu compromiso coas melloras ambientais", concretamente na eliminación de cheiros, de ruídos e de vapores.


Están convencidos de que a prórroga é unha boa nova para Pontevedra e a súa ría, xa que permite "salvar os máis de 800 postos de traballo que Ence xera en Pontevedra e os máis de 5.000 en toda Galicia que dependen do funcionamento da fábrica". 


REXEITAMENTO DE BNG, AGE E APDR


A decisión do goberno en funcións xa ten colleitado numerosas críticas, dende o BNG falan dunha "decisión corrupta do PP que desoe o clamor cidadán para satisfacer os intereses da pasteira, en cuxo consello de administración ocupan postos clave figuras destacadas do PP, como Isabel Tocino, Abril Martorel ou Del Álamo”.


No mesmo senso manifestouse a alcaldesa en funcións de Pontevedra, a nacionalista Carme da Silva, falando dunha decisión que vaia a "condicionar o futuro de varias xeracións de cidadáns", engadindo que "vai imposibilitar a recuperación da ría en 60 anos". 


Pola súa banda, dende Age falan dunha "cacicada que deixa ao descuberto unha vez máis que o PP está a traballar para os intereses da empresa pasteira". Do mesmo xeito, dende a Asociación en Defensa na Ría manifestaron a través de Twitter que a "mafia corrupta" de Ence e do partido popular continúan cos seus negocios, denunciando que "Galiza e a Ría de Pontevedra non importan para eles".


FIN DA ENCRUCILLADA DO PP


En abril de 2015, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, admitiu estar "nunha encrucillada", ao considerar que esixir a Ence a súa saída da ría de Pontevedra levaría o "peche" da factoría e, con iso, Galicia quedaría "sen industria transformadora de papel".


Ante esta afirmación, realizada no pleno da Cámara, o portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, reprochou ao mandatario que non "ten palabra", xa que o traslado da pasteira estaba incluído no programa do PPdeG.  De feito, ata entón, os populares aseguraran ter unha "posición clarísima" e "reiterada ata a saciedade" favorable a que Ence debía abandonar a súa localización na ría de Pontevedra en 2018.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE