Veciños de Santiago únense para limpar o río Sarela
Retiran uns 200 kilos de lixo
Un nutrido grupo de veciños do compostelán barrio de Galeras uniron os seus esforzos para limpar o río Sarela ao seu paso por Santiago, entre Santa Isabel e o Carmen, retirando uns 200 kilos de lixo, na súa maior parte restos de plásticos, envoltorios e toalliñas sanitarias.
Responderon á convocatoria da concellería de Medio Ambiente e da compañía ViAQUA, nunha actividade enmarcada dentro dos actos programados con motivo da celebración o vindeiro domingo do Día Mundial do Medio Ambiente.
O concelleiro de Medio Ambiente compostelán, Xan Duro, chamou a atención sobre os problemas que ocasionan estes materiais que se tiran polas cisternas e que causan perxuizos na rede, atascándoa, como nas depuradoras, ao elevar o custe do saneamento innecesariamente.
José Antonio del Rey, xerente de Operacións de Viaqua, subliñou este traballo de limpeza pola súa carga de sensibilización, e como medida para concienciar á poboación en condutas responsables desde o punto de vista ambiental. Sinalou que nas campañas de limpeza que se fan cada ano nos dous ríos da cidade, o Sar e o Sarela, se recollen 40 toneladas de residuos.
Escribe tu comentario