Acusan á Xunta de intentar “boicotear” a folga dos inspectores farmacéuticos
Con “ordes ilegais” que ten levado aos sindicatos a pedir unha reunión urxente coa Inspección de Traballo
Os sindicatos cargaron este mércores contra a consellería de Sanidade, xa que entenden que está tentando “boicotear a folga” indefinida dos inspectores farmacéuticos mediante “ordes ilegais”, polas que pretenden que os servizos mínimos realicen “o traballo ordinario”.
Critican que durante a folga se lles ordene aos traballadores realizar controis en augas de praias con bandeiras azuis en detrimento das que non contan co distintivo, o que enmarcan na "campaña publicitaria das banderitas".
Recordan que os servizos mínimos se están cumprindo, pese a consideralos “abusivos” por superar o 50% dos efectivos dispoñibles.
E por todos estes motivos, pedirán á Inspección de Traballo unha “reunión urxente”, demandando que se lle abra un expediente á consellería.
Ademais, este mércores tamén se concentraron unha vez máis ante a consellería de Sanidade, trasladándose camiñando ante a sede da Xunta en San Caetano.
Entre os cánticos escoitados, algún seguiron reclamando mediación da consellería de Facenda, insistindo en que a día de hoxe non ten ningunha comunicación oficial.
Escribe tu comentario