#Claves de la semana

​Comeza cos servizos mínimos denunciados a folga dos inspectores farmacéuticos

Os sindicados acusan á administración de exercer como "esquirola" cun "boicot" ao dereito á folga dos traballadores


|


Este mércores os inspectores farmacéuticos da Xunta concentráronse diante do Sergas, coincidindo co comezo dunha folga indefinida marcada pola denuncia dos servizos mínimos fixados pola administración, á que acusan de actuar como "esquirola" e de someter a un "boicot" o dereito a folga dos traballadores.


Os sindicatos xa denunciaron ante a xustiza uns servizos mínimos "imposibles". Denuncian que non só superan o 50% dos traballadores do colectivo, senón que incluso hai localidades nas que se están reclamando "máis servizos mínimos" que traballadores hai. Sinalan que resulta difícil cumplir "se tes menos traballadores dos que se cita".


Xa solicitaron a suspensión cautelar, que lles foi denegada, pero confían en que o xuíz lles dea a razón para o seguinte día da folga indefinida, que manterán cada semana entre o luns e o mércores, forzando á administración a fixar "algo razonable"


Ademais, tamén reclaman que a administración non pode "presionar aos traballadores para que fagan o mesmo traballo" mentres dure a folga, ironizando conque a consellería de sanidade considere agora "tan esencial" a súa labor cando "o resto do ano non lle preocupa nada a saúde ambiental de todos os galegos e galegas".


En todo caso, máis alá da polémica polos servizos mínimos, falan dun seguimento da folga do 97% e pídenlle á administración que "tome en serio as reivindicacións" e retome as negociacións, despois de anos durante os cales sempre "nos deron largas, nos enganaron e nos mentiron".


A consellería de sanidade reduciu o seguimento da folga ata o 74,29%, xustificando uns servizos mínimos que considera "necesarios" para a cobertura dos "servizos esenciais en sanidade ambiental". Ademais, aseguran que sí se estaba negociando cos inspectores e que "o anuncio de folga supuxo a ruptura abrupta de negociacións coa Administración". 


SAÚDE PÚBLICA EN PERIGO


Os inspectores farmacéuticos reclaman que se aumente a dotación de persoal do seu colectivo, que a día de hoxe tan só ten cubertas 62 do centenar de prazas previstas cando foi creado.


Denuncian que a saúde pública "está en perigo", xa que non dan abasto para realizar todas as inspeccións necesarias, ademais de que non hai ningún inspector dispoñible polas tardes nin durante o fin de semana.


Citan como exemplo a intoxicación por auga que tivo lugar en Vilanova: pese a que tivo lugar durante a fin de semana, denuncian que "ata o luns non puido acudir ningún inspector porque non había ningún servizo de garda". 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE