Máis da metade das camas do Meixoeiro, "inoperativas" durante a fin de semana
Traballadores e sindicatos denuncian o peche da planta 6ª ala 2 do Meixoeiro
Durante a pasado fin de semana a dirección do Chuvi pechou a planta 6ª ala 2 do Hospital do Meixoeiro en Vigo, segundo denunciaron traballadores e representantes sindicais da área sanitaria.
Os propios traballadores foron os primeiros manifestar o seu rexeitamento ante esta medida. A través da organización SOS Meixoeiro organizouse unha concentración improvisada na entrada do hospital para protestar contra o peche de camas.
Este luns, CCOO emitiu un comunicado denunciando que non se trata do primeiro peche. Recordan que se suma á clausura total da 3ª planta "dende hai meses" e ao peche de fin de semana da planta 4ª ala 2.
Entre peches de plantas, alas e "infrautilización" das camas nos 'servicios abertos', dende este sindicato denuncian que máis da metade das camas "estiveron inoperativas" durante esta última fin de semana.
Mentres tanto, aseguran que os traballadores "son desprazados dunhos servizos a outros con cambios permanentes de turnos de traballo".
Dende este sindicato afirman que a xerencia non lle ten proporcionado datos acerca dos peches previstos para os meses de verán, pero ante este panorama sospeitan que "o record de peche de camas parece asegurado".
Por iso instan ao Sergas a utilizar todos os recursos dispoñibles "xa que a demanda así o esixe, xa que Vigo ten as maiores listaxes de espera cirúrxicas de Galicia e das maiores de España".
Escribe tu comentario