CCOO denuncia a "lamentable" situación na que se realiza o test da diabete xestacional en Vigo
Asegura que as embarazadas están "amoreadas" nunha habitación "cunha calor insoportable"
CCOO acaba de denunciar a "lamentable" situación na que se está realizando a día de hoxe a "curva da glicosa" en Vigo, coas embarazadas "amoreadas" nunha sala do Hospital Meixoeiro onde según indican padecen "unha calor insoportable".
A "curva da glicosa" é unha proba rutinaria á que deben someterse as mulleres embarazadas durante o seu segundo trimestre para comprobar se desenvolveron a diabete, unha enfermidade que afecta ao 11% das mulleres durante o seu período de xestación.
Unha proba xa de por sí incómoda, na que a embarazada ten que someterse a catro extraccións de sangue e permanecer sentada durante 3 horas.
Tendo esto en conta, dende o sindicato consideran "indigno" dun hospital que se amoreen ás pacientes en "17 sillóns pegados uns aos outros", cunha "calor insoportable" debido a que as ventás teñen "barrotes" que impiden a súa apertura.
Aseguran que as mulleres sufren "dores de cabeza e irritación nos ollos" a consecuencia desta situación e que o persoal sanitario "ten que sortear obstáculos" para atender contixencias como vómitos, malestar, mareos...
Por iso reclaman un espazo axeitado para realizar esta proba, aproveitando para insistir na "necesidade de que o laboratorio no seu conxunto sexa ubicado no hospital Álvaro Cunqueiro".
Escribe tu comentario