Os galegos afectados pola fraude de Volskswagen poderían presentar unha demanda colectiva
Dende a Asociación Galega de Consumidores consideran que “hai base” ante un defecto que prexudica de forma "común" a estes consumidores.
Os galegos afectados pola fraude da emisión de gases nos vehículos do grupo Volkswagen poderían presentar unha demanda colectiva. Canto menos así o consideran dende a Asociación Galega de Consumidores e Usuarios
(Acouga), onde están convencidos de que “hai base” para esta reclamación conxunta que responde a un defecto que prexudica de forma "común" a estes consumidores.
De feito, o secretario xeral e avogado de Acouga, Xoán Antón Pérez Lema, informou de que unhas dúas ducias de usuarios xa se puxeron en contacto coa asociación para consultar os seus casos. Polo de agora o proceso está “nunha fase moi inicial”, pero esperan que se podan reclamar danos patrimoniais relativos á "minoración do prezo" do vehículo sobre un modelo vendido cunhas condicións que non cumpría, ao que se unen posibles "danos morais" no tocante ao "consumo responsable" que os condutores pensaban facer cos seus automóbiles en materia de contaminación ao medio ambiente.
Precisamente, fai un par de meses a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) anunciou o inicio dunha acción colectiva contra o grupo Volkswagen-Audi España SA co fin de reclamar compensacións económicas para os afectados polo escándalo das emisións.
OCU aseguraba que foron numerosos os intentos de atopar vías de cooperación e resarcimiento dos dereitos dos consumidores afectados co Grupo Volkswagen-Audi. "Con todo, nin a través das reunións canalizadas a través da Oficina Europea de Consumidores (BEUC) nin tras a única reunión á que accedeu o grupo hai xa un mes, obtívose unha resposta positiva, nin tan sequera unha vontade real por parte do fabricante de vehículos de resarcir aos afectados polos danos e prexuízos causados pola súa actuación culposa", queixábase.
Escribe tu comentario