Comezan as declaracións do caso que acabou con Besteiro
O ex-secretario xeral do PSdeG declarará este mércores pola Operación Pulpo
Este martes comezan as declaración da Operación Pulpo, na que está investigado o último líder dos socialistas galegos, Xosé Ramón Gómez Besteiro.
En concreto, Besteiro declarará este mércores a partir das 10:30 nos xulgados de Lugo, respondendo polos supostos delitos de fraude en subvencións e amaños en contratacións durante que forzaron a súa dimisión.
Antes pasarán polo despacho da xuíza Pilar do Lara outros investigados. O primeiro será o xefe de Protocolo da Deputación de Lugo, Juan Carlos Fernández Pulpeiro, que terá que responder por cinco delitos: prevaricación, tráfico de influencias, fraude ás administracións públicas, malversación de caudais públicos e facilitación de información privilexiada.
Unha lista de delitos que se amplía a seis no caso do último secretario xeral do PSdeG.: suborno, prevaricación, tráfico de influencias, fraude ás administracións públicas, fraude de subvencións e delito continuado de malversación de caudais públicos.
Será a primeira vez que o exdirigente socialista compareza ante De Lara despois de querellarse contra ela por suposta "prevaricación xudicial", tendo en conta que o vinculou con decisións tomadas na Deputación de Lugo baixo o mandato do popular Cacharro Pardo "quen sabe con que obxectivo", segundo o seu escrito xudicial.
OPERACIÓN PULPO
A Operación Pulpo arrincou en 2013 por un suposto caso de acoso laboral entre dous traballadores da Deputación de Lugo, aínda que en marzo deste ano a xuíza decidiu imputar ás sete persoas referidas ao detectar "irregularidades" na xestión do programa turístico 'Km0', adxudicacións "ilícitas" para "favorecer" a Monbus e subvencións "fraudulentas" a entidades deportivas relacionadas con Raúl López, como o Breogán de baloncesto.
En paralelo, está baixo a lupa da xuíza a partida de gasto social da Deputación para os seus traballadores, que inclúe axudas médicas e para vivenda, así como en casos de natalidade e nupcialidad, e que foi aprobada na década dos 90. Outro asunto en cuestión son as "vacacións subvencionadas" para funcionarios, anuladas por Besteiro cando chegou á presidencia do Pazo de San Marcos.
A decisión de Pilar de Lara de sumar seis delitos aos catro polos que xa lle investigaba no marco do caso Garañón, en relación coa súa etapa como concelleira de Urbanismo de Lugo, foi o que puxo fin á súa carreira política. Ao día seguinte de coñecerse a súa nova imputación anunciou que renunciaba a concorrer á Xunta e, unha semana máis tarde, deixou o liderado do PSdeG.
Escribe tu comentario