Convocadas 99 prazas para auxiliares administrativos nas escolas
Preténdese liberar aos profesores de traballo administrativo para que poidan centrarse nas labores de ensino
O consello da Xunta acordou este mércores a convocatoria de 99 prazas de auxiliares administrativos para traballar nos centros de educación infantil e primaria da comunidade, 66 prazas de nova incorporación e 33 de readscrición.
O obxectivo, segundo Alberto Núñez Feijóo é liberar aos profesores de labores administrativos para que poidan “dedicarse ás labores de ensino”.
As prazas irán destinadas aos centros con máis de 400 matriculados ou de 350 no caso de que dispoñan de servizos complementarios como transporte ou comedor.
Prevese que estes profesionais cheguen este mesmo curso, incoporándose “ao longo das próximas semanas”. Polo de agora, tirarase das listas de interinos, aínda que segundo o presidente convocarase unha oposición.
Escribe tu comentario