A metade dos galegos en paro non reciben prestacións
A cobertura dos desempregados descendeu en preto de punto e medio no mes de marzo, último con datos dispoñibles
A cobertura do sistema de protección por desemprego sitúase en Galicia no 50,99%, pouco máis de 1 de cada 2 galegos en paro recibe alguna prestación. Canto menos iso é o que indican os últimos datos dispoñibles, correspondentes ao mes de marzo, no que a cobertura descendeu en case punto e medio con respecto ao mes anterior.
En concreto, na nosa comunidade o sistema suma 108.721 beneficiarios fronte aos 213.220 parados que había na antes do descenso do mes de abril, sen contabilizar os 18.577 que se correspondían co colectivo sen emprego anterior.
Destes beneficiarios, 43.399 reciben unha prestación contributiva, 52.749 un subsidio, 11.643 rentas activas de inserción e 930 están incluidos no programa de activación do emprego.
Escribe tu comentario