Citan ao xefe de persoal da Deputación de Ourense no caso Baltar
Na causa que investiga a Manuel Baltar por presunto suborno, tráfico de influencias e acoso sexual
Novo xiro na causa que investiga a Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, por supostos delitos de suborno, tráfico de influencias e acoso sexual, despois de que unha muller (tamén investigada) o denunciara por ofrecerlle supostamente un traballo a cambio de sexo.
A xuíza que leva a causa acaba de ampliar a lista de investigados, citando a declarar ao xefe de persoal da Deputación, José Luis Suárez, para o vindeiro 12 de maio. Deberá responder por supostos delitos de suborno e tráfico de influencias.
José Luis Suárez dirixe o departamento de Recursos Humanos da Deputación, un traballo que compatibiliza coa alcaldía de Monterrei, onde sucedeu ao seu pai tralas eleccións municipais de 2015.
Non sería a primeira vez que resulta clave nun proceso contra a familia Baltar. No proceso aberto en 2014 a súa testemuña foi de vital importancia para concretar a condena a José Luis Baltar, pai do actual presidente da Deputación, por enchufar a 104 persoas na Deputación.
Escribe tu comentario