O PSdeG teme unha "polarización extrema da sociedade" nas novas eleccións
"Entre un inmovilismo conservador obsesionado coa destrucción do estado de benestar e un populismo radical que non é quen de propoñer solucións viables"
Ante a convocatoria de novas eleccións no Estado o PSdeG teme que se produza unha "polarización extrema da sociedade", entre "un inmovilismo conservador obsesionado coa destrucción do estado de benestar e un populismo radical que non é quen de propoñer solucións viables" para o país
.
Quen así se expresou foi Xosé Luis Méndez Romeu, voceiro parlamentario dos socialistas e un dos nomes nas quinielas dos posibles candidatos á Xunta de Galicia.
Fronte a esta suposta polarización, asegura que o PSOE tratará de ofrecer unha vez máis "un proxecto de cambio reformista en España que dé solución aos principales problemas que temos".
RESPONSABILIDADE DAS NOVAS ELECCIÓNS
O voceiro dos socialistas criticou o "inmovilismo absoluto" de Mariano Rajoy tralas eleccións de decembro, pero culpou principalmente a Podemos das repetición das eleccións: " a única proposta de construir un goberno alternativo foi encabezada polo PSOE", pero "non foi posible chegar a un acordo" co resto da esquerda.
Eva Solla (AGE), en cambio considera que En Marea e Podemos traballaron en prol dun goberno de esquerda "que non foi posible porque o PSOE non quixo que fose así". Iso sí, coincide en que a xente debe valorar "a falla de responsabilidade" e a "ausencia do PP" en todo o proceso.
Por último, para Miguel Tellado (PP), os responsables da repetición das eleccións son os socialistas, que "dixeron ata 17 veces non" e "buscaron fórmulas para que non goberne quen gañou as eleccións".
Escribe tu comentario