Claman contra a privatización da sanidade en Santiago e Galicia
Unhas 150 persoas concentráronse na praza do Toural, protestando entre outras cousas polo descenso na calidade do material que se lle suministra aos diabéticos
Unhas 150 persoas responderon ao chamamento de SOS Sanidade Pública Compostela para concentrarse este xoves na Praza do Toural, reclamando o fin dos recortes e do “desmantelamento e privatización” do sistema sanitario galego.
De entre todas as súas reclamacións, este xoves escolleron destacar a “mala calidade do material que se lles suministra aos pacientes diabéticos” para suministrar a insulina que precisan. Segundo explicou a voceira do colectivo, María Xosé Abuín, o Sergas está repartindo “agullas que rompen” ou incluso que “quedan dentro dos doentes”, empeorando a súa calidade de vida.
Tamén denuncian outras deficiencias na área sanitaria de Santiago, como a non posta en marcha do Consello de Saúde de Área, a suba excesiva de cotas de residentes de residencias ou a discriminación na concesión de tratamentos oncolóxicos.
A estas deficiencias concretas súmanse as que levan tempo denunciando dende o colectivo para toda Galicia, como o aumento das listas de espera, peches de camas, privatizacións… Motivos dabondo que convencen ao colectivo da necesidade de seguir loitando ata que se consega un cambio efectivo.
Escribe tu comentario