#Claves de la semana

​Denuncian máis de cen contratos “a dedo” na loita contra o lume

CCOO cuestiona os “intereses políticos e económicos” que “se agochan trala privatización das tarefas de prevención de incendios”


|


CCOO acaba de situar o foco sobre a loita contra o lume en Galicia, denunciando que a Consellería do Medio Rural licitou “a dedo” máis de cen contratos cun valor de 11,2 millóns de euros con empresas privadas para realizar traballos preventivos con vistas á vindeira campaña de incendios forestais.


Dende o sindicato non entenden por qué estas tarefas non son asignadas ao persoal propio da consellería, en vez de “dilapidar” diñeiro público para “encher os petos” de empresas privadas.


Lembran que “sobre o papel” Medio Rural conta con 82 brigadas en época de baixo risco, pero denuncian que na práctica “boa parte destas brigadas non contan co número de bombeiros forestais que deberían”. Falan dun porcentaxe de interinos superior ao 50% e de cen vacantes que Medio Rural “se nega a cubrir aludindo a cuestións de estabilidade orzamentaria”.


Dende CCOO esixen a apertura dunha mesa de negociación, na que pedirán que os 11,2 millóns previstos para os contratos coas empresas privadas se destinen a cubrir vacantes para que o persoal propio da administración se ocupe das tarefas de prevención. “A Xunta non pode seguir permitindo que as empresas privadas continúen facendo negocio á costa dos incendios forestais”, conclúen desde o sindicato.


BOMBEIROS CONTRA A PRIVATIZACIÓN


Paralelamente, os bombeiros galegos ten prevista unha mobilización para o vindeiro luns 18 de Abril en Ourense, protestando contra a intención do Consorcio de Emerxencias de Ourense de sacar a concurso a xestión dos parques da provincia situados en Xinzo, Verín e Valdeorras.

A manifestación está convocada polos representantes de CCOO, UXT, CIG e SIB-GAL, para manifestar "a repulsa e discrepancia do noso colectivo ante esta nova vaga de privatizacións". 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE