Fraternidade e himno galego para abrir O Noso Derbi
Os xogadores do Celta e do Dépor saltarán ao terreo de xogo co himno galego soando nos seus oídos, entonado polos espectadores de Balaídos.
A rivalidade deportiva non debería enturbiar un día de festa en Galicia, por iso se está preparando un prólogo de fraternidade para O Noso Derbi. Os xogadores do Celta e do Dépor saltarán ao terreo de xogo co himno galego soando nos seus oídos, entonado polos espectadores de Balaídos.
Además, nese mesmo momento tamén se formará un gran mosaico nas bancadas do estadio, con cartulinas de cor azul celeste nas bancadas de Tribuna, Gol e Marcador e de cores celeste, azul mariño e vermello en Río Alto e Baixo.
En Gol, Marcador e Tribuna, os afeccionados terán nos seus asentos bandeiras co escudo do RC Celta, que deberán ondear para formar o mosaico, e poderán seguir a letra do himno a través dos videomarcadores do estadio.
As cartulinas están ademais numeradas e os espectadores participarán no sorteo de cinco camisetas do primeiro equipamento asinadas polos xogadores celestes.
Escribe tu comentario