Pemex bota o freno en Galicia
Os problemas de liquidez da compañía levárona a pedir un retraso na recollida dos buques que se están construíndo en Barreras e Navantia
Os problemas de liquidez da petroleira mexicana afectarán aos seus encargos en Galicia. Según adianta La Voz de Galicia, a petroleira xa solicitou unha reducción no ritmo de traballo nos buques que se están construíndo en Navantia e Barreras, co obxectivo de demorar a súa entrega, prevista en principio para xullo.
Esta decisión non sorprende, despois de que Pemex anunciara recentemente que en 2015 doblou as perdas que xa rexistrara en 2014, acadando un balance negativo de 26.760 millóns de euros.
Dende a compañía relacionan estos resultados cunha tendencia global derivada da crise do petróleo, pero recoñecen que pensan disminuir os sus gastos en máis de 5.000 millóns de euros.
Nesta estratexia é previsible que a compañía comece a soltar lastre, un proceso no que poderían verse implicados intereses os seus intereses en España.
Escribe tu comentario