Barreras garante a continuidade de Pemex
A crise financeira da compañía mexicana presaxiaba unha posible venda do astaleiro galego, que foi negada polo presidente de Hijos de J. Barreras
A mala situación económica de Pemex e a súa estratexia de desfacerse de "todo o que non sexa atractivo" fixeron saltar as alarmas, xa que a compañía mexicana é a actual propietaria do astaleiro galego Hijos de J. Barreras. Pero o presidente deste astaleiro, José García Costas saíu ao paso dos incipientes rumores, asegurando que Pemex continuará como máximo accionista e que ser mantén o proxecto de construcción do segundo flotel frotante.
García Costas asegura que falou directamente "con México"este mesmo martes. Preguntado pola continuidade de Pemex, respondeu cun contundente "por suposto, ¿quen dubida o contrario?
Lembrou que hai 15 días houbo consello de admnistración de Barreras, onde recibiu unha mensaxe de "calma total e absoluta".
Cuestionado pola repercusión do plan de axuste de Pemex no relacionado co seu estaleiro en Galicia, indicou que todos os proxectos relacionados co mercado off shore están "paralizados".
Escribe tu comentario