# Claves de la semana

Fesan, "unha fundación creada por un colega do PP para recibir 10 millóns de euros da Xunta"

A CIG asegura que esta fundación recibiu preto de 10 millóns da Xunta dende, pese a levar tres anos sen presentar as súas contas



Os representantes da CIG en San Caetano vén de poñer o foco sobre a Fundación de Estudios e Análises Fesan, asegurando que se trata dunha "pseudofundación" vinculada co Opus Dei e co partido popular que recibiu preto de 10 millóns e medio de euros da Xunta dende 2009 pese a que segundo os seus datos levan tres anos sen presentar as súas contas.


Fesan leva operando dende o ano 1997, co obxectivo oficial de "proporcionar formación" para facilitar "a inserción laboral e un aumento da capacitación dos traballadores". Pero segundo denuncia a CIG, trátase tan só dunha excusa: aseguran que a fundación foi "creada por un colega do PP" co único obxectivo de "recibir 10 millóns de euros da Xunta".


Así, denuncian que Fesan realiza unha actividade que trascende os cursos de formación aos que en teoría se adica, conseguindo un gran número de adxudicacións públicas nos últimos anos. Citan unha información de La Opinión de A Coruña, que cifra en 6,5 millóns de euros os ingresos de Fesan no ano 2013 por xestión de garderías, centros de día, residencias de maiores e cursos de formación. En total, este xornal cifra en preto de 10 millóns os cartos públicos que ingresou a fundación dende o 2009, cando o PP se fixo co poder. Non obstante, non foi a primeira vez que recibiu cartos públicos: durante os anos anteriores xa recibira uns 678.000 euros do goberno bipartito, segundo denunciaron no seu momento dende Galicia Confidencial.


Todas estas adxudicacións públicas foron concretadas a pesar de que, segundo denuncia a CIG, Fesan leva tres anos sen presentar as súas contas. Chegan a asegurar irónicamente que dende a fundación "renderán moitas contas con Deus, pero coa legalidade non", en referencia aos supostos vínculos da empresa co Opus Dei.


VÍNCULOS CO PP E CO OPUS DEI


Tras criticar as adxudicacións da Xunta para unha empresa que leva "sen control" dende 2013, dende a CIG lembran a figura do primeiro presidente de Fesan para xustificar os vínculos co PP que denuncian.


Trátase de Jaime Rodríguez-Arana, antigo dirixente popular que ocupou entre outros cargos o de director da EGAP durante a época de Fraga e o de subsecretario do Ministerio de Administracións Públicas durante o goberno de Aznar. Dende a CIG aseguran que el foi o encargado de montar "esta factoría chupóptera de cartos públicos", da que agora se atopa desvinculado, segundo aseguraron dende a compañía.


Dende o sindicato tamén sosteñen que Rodríguez-Arana é membro numerario do Opus Dei, asegurando que se trata do antigo guía espiritual do actual ministro do Interior Jorge Fernández Díaz.


CONEXIÓN COA 'OPERACIÓN ZETA'


A CIG tamén asegura que o Consello de Contas detectou nos cursos que analizou "as mesmas irregularidades que se detectaron na trama Azenanet", outra empresa vinculada aos cursos de formación que se investiga no marco da 'Operación Zeta'.


Neste caso está investigado Pachi Lucas, amigo persoal do presidente da Xunta, que supostamente se encargaba de mediar para que as empresas investigadas conseguisen contratos públicos.


Tralos repetidos intentos da oposición para que Feijóo aclarase a súas relación con Pachi Lucas no parlamento, este limitouse a reivindicar o compromiso da Xunta conque se investigue "todo e a todos", asegurando que foi a propia administración a que denunciou a suposta trama. 


relacionada Feijóo quere "que se investigue todo e a todos" na 'Operación Zeta'
relacionada El ‘conseguidor’ de la Xunta, Pachi Lucas, investigado por tráfico de influencias
relacionada ¡HASTA LUEGO, LUCAS!
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE