#Claves de la semana

Feijóo quere "que se investigue todo e a todos" na 'Operación Zeta'

Remítese ao vindeiro pleno parlamentario para dar detalles sobre a súa relación co investigado Pachi Lucas


|

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, remítese ao vindeiro pleno parlamentario para responder sobre a súa relación co 'conseguidor' Pachi Lucas, investigado no marco da 'Operación Zeta' por un presunto fraude na adxudicación de cursos de formación. 


Antes as preguntas dos xornalistas, limitouse a asegurar que o que quere a Xunta é "que se investigue todo e a todos, sen ningún tipo de limitación". Remítese ao pleno parlamentario da semana que vén para entrar en detalles, adiantando que a súa resposta "non vai a variar moito" en relación con outras que xa ofreceu na cámara sobre este asunto, antes de que Pachi Lucas fora declarado investigado. 


Feijóo aproveitou a ocasión, iso sí, para recordar que "foi a Xunta quen denunciou". Asegura que en canto tiveron algún tipo de dúbida sobre como se estaban conformando os cursos "tivemos unha inspección e a remitimos ao fiscal", algo que segundo dixo non terían feito se tivesen intención de ocultar algo. 


Asegura que é importante para eles saber "se houbo algún tipo de irregularidade nos directores xerais do goberno anterior ou deste goberno en relación a este asunto", aínda que tamén recorda que a súa non é a única administración que podería estar implicada. 


PREGUNTA NO PLENO


O presidente da Xunta deberá responder sobre a súa relación con Pachi Lucas ante unha pregunta curta dos socialistas no pleno da semana que vén. A idea inicial da oposición era que Feijóo comparecera para dar conta deste asunto, pero dende o PPdG encargáronse de vetar a comparecencia asegurando que non entrarían no "xogo non demasiado limpo da oposición".


Esta negativa escandalizou ao voceiro parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, que denunciou que os mecainsmos de control non estaban funcionando no "escándalo" dos cursos de formación, que define como"unha trama de financiamento ilegal coa conivencia de responsables da Xunta e do Partido popular".

relacionada Feijóo non comparecerá para explicar a súa relación co "conseguidor" Pachi Lucas
relacionada El ‘conseguidor’ de la Xunta, Pachi Lucas, investigado por tráfico de influencias
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE