A Xunta promete reducir o seu gasto en alugueres
Pretende reducir nun 76% o gasto en alugueres, apostando polo aproveitamento do patrimonio propio
A Consello da Xunta comprometeuse esta mañá a reducir considerablemente o que gasta en alugueres, aproveitando mellor os seus edificios en propiedade. En concreto, Alberto Núñez Feijóo comprometeu unha reducción do 76% do gasto en alugueres durante os vindeiros dous anos, aforrando máis de 5,5 millóns de euros.
Feijóo falou dun plan "ambicioso", que continúa a labor realizada nos últimos anos, nos que segundo dixo xa se reduciu o gasto en alugueres nun 30%
Para conseguir esta aforro a administración autonómica apostará polo aproveitamento do patrimonio propio, concentrando espazos administrativos, unificando a imaxe corporativa de espazos pertencentes á Administración, e implantando unha xestión integral e unificada dos mesmos.
"Trátase, en definitiva, aproveitarse ao máximo o que temos, de sacarlle o máximo rendemento ao patrimonio inmobiliario da Xunta e de seguir traballando por unha Administración máis útil para os cidadáns", remarcou.
Neste sentido, coa proposta de aproveitar o antigo Hospital Xeral de Vigo para as instalacións xudiciais como exemplo, avanzou que o plan actuará nas cidades onde hai unha maior concentración de servizos públicos.
"Imos presentar proxectos para Pontevedra, A Coruña, Lugo, Ourense e Santiago, e en Ferrol tamén estamos a estudar espazos que a medio prazo poden quedar baleiros", remarcou, aínda que evitou concretar o contido dos plans, á espera de que o faga a Consellería de Facenda.
Preguntado polo caso concreto do antigo hospital de Lugo, sinalou que a situación é similar á de Vigo --o edificio quedou sen uso ante a posta en marcha dun novo centro hospitalario--, e que se puxeron sobre a mesa proposta como "usar parte" do edificio para "instalacións da Xunta".
Escribe tu comentario