#Claves de la semana

A xuíza avala as escoitas da 'Operación Patos'

Desbloquea o proceso, despois de que varios políticos se negasen a declarar ata que se resolvese a legalidade das escoitas telefónicas que os implicaron


|


A 'Operación Patos' estaba prácticamente paralizada trala solicitude de varios avogados defensores para declarar nulas as escoitas telefónicas ao dono de Eiriña, Enrique Alonso Pais, que implicaron no proceso a decenas de políticos entre os que destacan nomes como o expresidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, ou o alcalde de Vigo, Abel Caballero. 


Varios destes acusados, investigados por supostas irregularidades na contratación pública e recepción de regalos, preferiron non declarar agardando a que a xuíza avalase a validez das escoitas, despois de que os letrados defensores reclamasen pola falta de evidencia física das autorizacións. 


Pero a maxistrada que leva o caso decidiu avalar a legalidade destas escoitas. Recoñece que non existe evidencia física do auto que autorizou o pinchazo telefónico. Pero asegura que non se pode poñer en dúbida a súa existencia, xa que consta na aplicación informática Minerva. 


Suxerir que ese certificado se podería ter creado posteriormente "só podería aceptarse dentro dos termos do dereito de defensa", polo que debería ir acompañado dunha demanda formal. 


Con este auto a xuíza do caso reactiva o proceso, eliminando a excusa á que se acolleron os investigados para non declarar, polo que previsiblemente irán desfilando polos xulgados nas próximas datas. 




relacionada Louzán escolle non declarar na Operación Patos
relacionada Louzán, Bravo Bosch, Figueroa (PP) e Caballero (Psoe), entre os 46 imputados na operación Patos
relacionada Figueroa nega irregularidades e ter recibido regalos no marco da Operación Patos
relacionada Según la investigación de la Operación Patos decenas de políticos y funcionarios recibieron relojes y joyas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE