Figueroa nega irregularidades e ter recibido regalos no marco da Operación Patos
O concelleiro do PP no Concello de Vigo e exvicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Chema Figueroa,
compareceu este martes ante a xuíza da Operación Patos, negando irregularidades na adxudicación do campo de fútbol de Coia, así como a recepción de agasallos.

Figueroa foi chamado a declarar en relación coa adxudicación deste campo de fútbol á construtora Eiriña, de Enrique Alonso Pais, xa que a Policía entende que se cometeron irregularidades na concesión dunha subvención e na adxudicación da obra.
Na súa declaración, o concelleiro vigués, segundo fontes xurídicas, atribuíu a responsabilidade desa concesión aos técnicos da Deputación, e negou recibir ningún agasallo de Eiriña. Nesa liña, Figueroa precisou que dera instrucións de que se devolvesen os obsequios que lle enviasen.
Con respecto a Alonso Pais, un dos principais investigados, José Manuel Figueroa recoñeceu que o coñece desde hai algúns anos, porque é unha persoa vinculada ao PP.
Escribe tu comentario