#Claves de la semana

Manolo de Xaniño, digno sucesor de José Tojeiro

A esmorga dun veciño de Vilaverde triunfa nas redes sociais


|


Galicia non é allea aos fenómenos da rede, nesta era de Internet a esmorga dun veciño de Vilaverde pode converterse rápidamente en trending topic, sobretodo cando o interesado a conta coa naturalidade de Manolo de Xaniño, que aspira a converterse no digno sucesor do mítico José Tojeiro. 


Este veciño recoñeceu no Galicia Noticias que frecuentara varios locales de alterne na madrugada do luns, unha circunstancia habitual que o deixou bastante "desorientado". Cunhas frases que xa soan míticas entre os internautas, confesa que "aínda bebeu ben" pero sospeita que lle deron "veleno puro". 


Cando chegou o momento de volver para casa, complicáronse as cousas para Manolo de Xaniño. En vez de coller en dirección a Ordes seguiu pola N-550 ata que se cansou de andar, buscando refuxio no lavadeiro dunha casa cercana. Entrar foi fácil, pero saír resultou máis difícil, polo que tivo que pedir auxilio alertando aos donos da casa. 


Finalmente, tivo que acudir a policía para sacar a Manolo de Xaniño da súa trampa. Pero a traumática experiencia non conseguiu acabar co ánimo deste veciño, que se despediu das policías asegurando que "a vida son dous días e hai que vivila". 


A naturalidade de Manolo provocou que triunfara nas redes sociais, onde se multiplican as bromas e homenaxes. Dende a coñecida marca de camisetas Reizentolo xa deseñaron unha camiseta coas súas frases, reivindicando a filosofía galega. 




O fenómeno viral recorda ao que no seu momento se viviu con José Tojeiro. o célebre galego que sufriu o "complot" dunhas "prespiputas" que se "conchabaron" para "botarlle droga no Cola Cao" co obxecto de roubar. 







Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE