Uns 600 gandeiros bloquean a entrada a planta de Lactalis en Vilalba
Uns 600 gandeiros bloquean desde o mediodía a entrada á planta de Lactalis en Vilalba (Lugo), onde acenderon unhas fogatas coa queima de pneumáticos e pacas de pallas, en sinal de protesta para esixir que esta multinacional francesa traslade aos produtores a subida do prezo do leite que a distribución realizou a esta indust
Uns 600 gandeiros bloquean desde o mediodía a entrada á planta de Lactalis en Vilalba (Lugo), onde acenderon unhas fogatas coa queima de pneumáticos e pacas de pallas, en sinal de protesta para esixir que esta multinacional francesa traslade aos produtores a subida do prezo do leite que a distribución realizou a esta industria.
Óscar Pouse, de Unións Agrarias e un dos portavoces da plataforma en defensa do sector lácteo explicou que esta protesta realizouse para "deixar claro" a Lactaclis que as súas reivindicacións "van en serio" e que non pararán ata que haxa unha subida "inmediata" no que esta industria transformadora paga aos produtores.
"Lactalis ten diñeiro nas súas contas que é noso", recriminou Óscar Pouse, quen asegura que os gandeiros puideron comprobar coa distribución que xa reintegraron a esta multinacional unha subida polo prezo do leite, que con todo non chegou a gandeiros aos que compra o leite.
Os produtores celebrarán unha asemblea en próximas horas para decidir como prosegue esta mobilización, aínda que Óscar Pouse avanza que a campaña de boicot a Lactalis dos gandeiros continuará o vindeiro luns con accións concretas en supermercados e co fin de concienciar a consumidores de que non consuman produtos desta marca.
Esta protesta ten lugar despois de que a semana pasada representantes da multinacional láctea trasladásenlles á organización de produtores lácteos (OPL) Ulega que "non van pagar ata abril" a subida de dous céntimos comprometida polos gandeiros coa distribución --tras realizar produtores diversos bloqueos ao longo do mes de decembro a hipermercados--.
Pola súa banda, o Grupo Lactalis informou esta semana que "compartirá" co sector produtor de leite "as revalorizacións de prezo xa realizadas, que resultan da revisión das modalidades de contratación coa distribución, así como as futuras actualizacións nos prezos de compra que poidan facer estes operadores" conforme ao acordo lácteo. Con todo, os gandeiros esixen que trasladen "xa" esas subidas.
El gigante #Lactalis se queda los cts. que nos prometió la distribución. Mañana vamos a su fábrica a reclamarlos pic.twitter.com/486A8UfvHj
— UPA (@UPA_Federal) enero 28, 2016
Escribe tu comentario